Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38434

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ACORDO do 5 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se da trámite de audiencia á entidade Paradores de Turismo de España, S.A. (Parador de Santiago de Compostela), ao abeiro do artigo 14.5 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS).

A entidade mercantil Paradores de Turismo de España, S.A., con CIF A-79855201 e domicilio social na rúa Requena, 3, 28013 Madrid, ten o seu centro de Parador de Santiago de Compostela inscrito o 24.4.2002, co número ES-GA-000005, no Rexistro galego de centros adheridos ao sistema de xestión e auditoría ambiental, segundo o procedemento regulado no Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS).

Coa solicitude de inscrición xuntou declaración ambiental validada, así como o resto da documentación exixida no citado Decreto 185/1999.

Terminado o período de validez para as sucesivas renovacións, debía presentar a seguinte declaración ambiental validada, pero non se recibiu de Paradores de Turismo de España, S.A. ningún tipo de comunicación desde o ano 2010.

Enviouse comunicación escrita á citada entidade mercantil, mediante notificación con aviso de recepción o 7.2.2011, informando de que, de non recibir ningún tipo de documentación ou comunicación relativa ao mantemento no Rexistro, procederase a dalos de baixa no Rexistro galego de centros adheridos ao sistema comunitario de xestión e auditoría ambiental (EMAS), sen obter resposta.

Considerando que o artigo 14.1 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS), dispón que «1. Unha vez inscrito o centro no Rexistro, se este non presentase a seguinte declaración ambiental validada no prazo fixado pola propia empresa na súa solicitude, que en ningún caso será superior a tres anos, e non pagase a taxa de rexistro, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental cancelará a inscrición do centro no Rexistro e informará de tal medida á dirección do centro».

Tendo en conta tamén que o parágrafo 5 do mesmo precepto establece que «5. A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, antes de ordenar a suspensión ou cancelación da inscrición dun centro no rexistro, dará trámite de audiencia ao interesado concedéndolle un prazo de quince días para que presente as alegacións, documentos e xustificacións que considere oportunas. A resolución que acorde a suspensión ou cancelación da inscrición dun centro no Rexistro será motivada e notificarase á dirección do centro e ao Rexistro de Establecementos Industriais».

Este trámite de audiencia, así como a posterior resolución que se emita, corresponde ao secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, segundo os artigos 12 a 14 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental, e o artigo 13.2.2 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Vistos os preceptos sinalados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en virtude da competencia que lle outorgan o Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental, e o artigo 13.2.2 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas,

ACORDA:

Dar un trámite de audiencia á entidade Paradores de Turismo de España, S.A., con CIF A-79855201 e domicilio social na rúa Requena, 3, 28013 Madrid, concedéndolle un prazo de quince días contados desde a notificación do presente escrito para formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que considere convenientes.

Notifíquese ao interesado, coa mención expresa dos requisitos exixidos polo artigo 58.2 da citada Lei 30/1992, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental