Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38458

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2013/90-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Mercadona, S.A.

Domicilio social: López Cuevillas, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa.

Denominación: LMT, CS e CT de 630 kVA para supermercado.

Situación: avenida das Mariñas/rúa do Seixo, Oleiros.

Características técnicas: liña acometida de MT en anel, cable 12/20 kV, 1×240 AL de 5 + 5 m de lonxitude. CS de interior, en caseta con 3 interrutores-seccionadores de 24 kV, 400 A. CT de 630 kVA, relación 15/0,42 kV, en baño de silicona, aparellos de protección e medida en cabinas metálicas prefabricadas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 20 de setembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña