Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2013 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, do contrato de obras de acondicionamento e reparación no Teatro Coliseo Noela de Noia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: obras, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición do obxecto: obras de acondicionamento e reparación no Teatro Coliseo Noela de Noia (A Coruña).

c) Prazo de execución: máximo de oito (8) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 244.253,34 €.

IVE (21 %): 51.293,20 €.

Importe total: 295.546,54 €, IVE incluído.

Anualidades (IVE incluído):

2013: 50.000,00 €.

2014: 245.546,54 €.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de licitación do contrato, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

a) O prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto técnico das obras poderán ser examinados no Servizo de Contratación de Bens e Servizos Culturais da Secretaría Xeral Técnica.

b) Os pregos relativos a esta contratación poderanse obter no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19003

Información de índole administrativa: 981 54 48 71.

Información de índole técnca: 981 54 65 94.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 10.1 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Solvencia técnica específica: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 10.2 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que teñen que presentar os licitadores: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación das proposicións: no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo observarase o previsto na cláusula 14.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na data e na hora que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo do DOG por liña é 10,82 €.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2013

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria