Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38455

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica LMT derivada Xunqueira, no concello de Láncara (expediente 005/2010 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285, do 28 de novembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310, do 27 de decembro) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: LMT derivada Xunqueira.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 1.492 metros con orixe en apoio de formigón existente da LMT subestación Sarria ao CT Céltigos, en condutor LA-56 e final no CT Xunqueira, sobre apoios de formigón (12).

2. Líña de media tensión aérea a 20 kV cunha lonxitude de 13 m con orixe no apoio de formigón nº 6 da LMT derivada Xunqueira e final no CT Oleiros existente.

3. Centro de transformación intemperie Xunqueira de 50 kVA a 20.000/400-230 V, sobre apoio de formigón.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54 da citada Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rolda da Muralla, 70, Lugo) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideran oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 6 de setembro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Relación de propietarios bens e dereitos afectados

Nº predio

Ref. catastral

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

Afeccións

Polg.

Par.

m2

ml aér.

m2 aér.

9

14

469

A Seara

Prado

– Víctor Cando Losada

Apartado de correos 501,Vallf., 43800 Tarragona

4

2.0

79.0

775.0

13

14

483

Condomiña

Prado

– Antonio Díaz Gundián

Villapendi, 1, Turón, 33610 Mieres, Asturias

– Manuel Díaz Gundián

Robledo 30-4º C, 33600 Mieres, Asturias

34.0

24

14

397

Freixo

Prado

– Gloria López Croas

Torrente de Pique, nº 19-23, 2º, 2ª, 08016 Barcelona

9 (½)

1.0

34.0

340.0