Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38453

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Carballedo (expediente IN407A 2013/12-2, 8095 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: alimentación centro de formación dos Peares.

Situación: concello de Carballedo.

Características técnicas:

– LMTA a 20 kV consistente na substitución do apoio existente na liña PRS809 por un novo.

– LMTS a 20 kV con orixe no paso aéreo a soterrado no apoio proxectado na LMT PRS809, entra e sae no CT Zona 3 e remata no CT Zona 2, cunha lonxitude de 545 metros en condutor RHZ1-240.

– CT Zona 2, en edificio compacto de manobra exterior 2L/2P, cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000 V/400-230 V.

– CT Zona 3, en edificio prefabricado tipo uniblock 2L/2P, cunha potencia de 2×630 kVA e unha relación de transformación de 20.000 V/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 4 de setembro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo