Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38413

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 12 de setembro de 2013 pola que se modifica a Orde do 13 de outubro de 2006 pola que se nomea persoal laboral fixo e se adxudica destino definitivo aos/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso á categoría 050 (técnico/a especialista en xardín de infancia), do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia convocada pola Orde do 19 de decembro de 2003, en execución da sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Lugo o 8 de xuño de 2007 nos autos 116/2007.

Mediante a Orde do 21 de marzo de 2012 (DOG nº 60, do 27 de marzo) elevouse a definitiva a proposta da aspirante que superou o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 050 (técnico/a especialista en xardín de infancia), do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en execución da sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Lugo o 8 de xuño de 2007 nos autos 116/2007.

Na dita orde asignábase a María Josefa Díaz López unha puntuación de 33,06 puntos que lle atribuían a quinta posición na orde de prelación.

Unha vez verificado que a aspirante cumpría os requisitos establecidos nas bases da convocatoria, María Josefa Díaz López optou ao posto número dez dos ofertados no acto de elección de destino convocado pola Orde do 27 de setembro de 2006 (DOG nº 190, do 2 de outubro).

O posto número 10, adscrito a gardería infantil Nosa Sra. do Sagrado Corazón en Lugo, que quedara deserto na elección de destino do persoal que superara o proceso selectivo pola quenda de promoción interna, fora ofertado ao persoal que superara o proceso pola quenda libre e adxudicado con carácter definitivo a Ana María Pena Gómez; posto en que esta traballadora debe cesar.

Dado que non existe outra vacante das mesmas características en Lugo en que poida ser adscrita, requiriuse a Ana María Pena Gómez para que optase entre os postos aos cales podería ter accedido no acto de elección de destino consonte coa súa orde de prelación na relación de aprobados; opción que realizou mediante escrito que tivo entrada na Dirección Xeral da Función pública o 9 de agosto de 2013.

De acordo co todo o exposto, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 12 do V convenio colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear persoal laboral fixo da Xunta de Galicia a María Josefa Díaz López, DNI 33829344R, que superou o proceso selectivo para o acceso á categoría de técnico/a especialista en xardín de infancia (050), do grupo III, convocado pola Orde do 19 de decembro de 2003 (DOG do 30 de decembro) en execución da sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Lugo o 8 de xuño de 2007 nos autos 116/2007.

Segundo. Adxudicar a María Josefa Díaz López e a Ana María Pena Gómez como destinos definitivos os postos de traballo que figuran no anexo.

Terceiro. Para adquirir a condición de persoal laboral fixo da categoría, María Josefa Díaz López deberá tomar posesión do posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co artigo 7 do V convenio colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galicia, Ana María Pena Gómez disporá dun mes para tomar posesión no novo destino, que radica en distinta localidade, sempre que leve consigo un cambio efectivo de residencia debidamente xustificado, ou de tres días no caso contrario. O dito prazo contarase desde o día seguinte ao do cesamento no seu destino actual, que deberá ter lugar o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as interesadas poderán presentar reclamación previa á vía xudicial laboral no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, conforme o artigo 69 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

NIF

Apelidos e nome

Grupo/

categ.

Código do posto

Denominación

Centro destino

Centro directivo

Concello

Observacións

33829344R

Díaz López, María Josefa

III-050

TRC994040127001011

Técnico/a especialista xardín de infancia

Escola infantil Nª Sª Sagrado Corazón

Servizos periféricos

Lugo

B12 = 892,20 €

33319721N

Pena Gómez, Ana María

III-050

TRC994040215001008

Técnico/a especialista xardín de infancia

Escola infantil Elviña

Servizos periféricos

A Coruña

B12 = 892,20 €