Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38410

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2013 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das solicitudes de axudas de apoio ás de iniciativas abertas de difusión, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013.

Mediante Resolución do 22 de maio de 2013 publicáronse as bases reguladoras das axudas do Igape de apoio ás iniciativas abertas de difusión, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013 (DOG núm. 102, do 30 de maio), e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Por parte do órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 12.1 das ditas bases reguladoras están analizándose as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron á presente convocatoria de axudas.

Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que non reúnen algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.

O artigo 8.5 das bases reguladoras dispón que de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b) e 60 da Lei 30/1992, este requirimento de emenda realizarase preferentemente mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai.

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade á relación de solicitantes das axudas xa revisadas que deben ser obxecto de emenda segundo se recolle no anexo a esta resolución.

Segundo. Requirir os solicitantes incluídos no dito anexo para que, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos conforme se lles indique na información detallada do requirimento dispoñible no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal accederán a través da aplicación informática habilitada para estas axudas co NIF e código IDE, desde a páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), na Oficina Virtual.

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 8.5 das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, darase por desistido na súa petición o solicitante e arquivarase o expediente, tras a correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2013

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO
Solicitudes suxeitas á emenda de documentación

Nº de expediente

Titular do expediente

NIF

IG114.2013.1.3

Ineo

G36969525

IG114.2013.1.6

Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga)

G36983575

IG114.2013.1.9

Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia

G36905040

IG114.2013.1.11

Fundación Feiras e Exposicións de Ourense

G32164956

IG114.2013.1.13

Fundación Feiras e Exposicións de Ourense

G32164956

IG114.2013.1.15

Fundación Feiras e Exposicións de Ourense

G32164956

IG114.2013.1.16

Fundación Feiras e Exposicións de Ourense

G32164956

IG114.2013.1.17

Fundación CEl-Iniciativas por Lugo

G27213206

IG114.2013.1.18

Acluxega-Asociación Clúster Xeotermia Galega

G94017829

IG114.2013.1.19

Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego

G70115282

IG114.2013.1.20

Fundación para o Fom. Calidade Industr. e Desenv. Tecnol. de Galicia

G32217663

IG114.2013.1.21

Fundación para o Fom. Calidade Industr. e Desenv. Tecnol. de Galicia

G32217663

IG114.2013.1.22

Fegafon

G15435969

IG114.2013.1.23

Federación de Empresarios do Barbanza

V15227861

IG114.2013.1.24

Fundación Expomar

G27231968

IG114.2013.1.27

Clúster da Pizarra de Galicia

G32405979

IG114.2013.1.29

Fundación Semana Verde de Galicia

G36155208

IG114.2013.1.30

Asociación Española de Dirección y Desarrollo de Personas

G28464873

IG114.2013.1.32

Asociación Española de Dirección y Desarrollo de Personas

G28464873

IG114.2013.1.35

Asociación de Empresarios Suelo Industrial de As Pontes

G15839491

IG114.2013.1.36

Asoc. Empr. Ferrolterra

G15366693

IG114.2013.1.38

Asoc. Empr. Ferrolterra

G15366693

IG114.2013.1.39

Asociación de Excavadores de Galicia-Aexga

G36563708

IG114.2013.1.42

Agrupación Innovadora Clúster de la Carne de Galicia

G32432221

IG114.2013.1.43

Agrupación Innovadora Clúster de la Carne de Galicia

G32432221

IG114.2013.1.44

Gremio Provincial de Joyeros, Plateros y Relojeros

G15031453

IG114.2013.1.45

Asociación de Executivas de Galicia

G70301916

IG114.2013.1.46

Asociación Profesional de Turismo Rural Campoemar

G70055140

IG114.2013.1.47

Federación Galega de Asociacións de Turismo Rural (Fegatur)

G36442804

IG114.2013.1.48

Federación Galega de Parques Empresariais

V15650369

IG114.2013.1.49

Aecalpo

G36274306

IG114.2013.1.50

Federación Gallega de Asociaciones de Transporte de Viajeros en Autocar

G15640808

IG114.2013.1.51

Fegatramer

G15086358

IG114.2013.1.55

Asociación de Empresarios de O Couto

G32380065

IG114.2013.1.56

Asoc. Prov. Empres. Construcción Ourense

G32015828

IG114.2013.1.58

Federación de Autónomos de Galicia

V15440639

IG114.2013.1.87

Asociación Neria

G15388051

IG114.2013.1.89

Fundación Gallega para la Innovación

G70280185