Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38416

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba a relación provisional de admitidos e excluídos do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de xullo de 2013.

Vistas as solicitudes dos participantes no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 31 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 150, do 7 de agosto), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar a relación provisional de solicitantes admitidos e excluídos do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas.

A lista de solicitantes admitidos atópanse á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas do Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) na epígrafe Función Pública.

A lista de excluídos figura como anexo desta resolución.

Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións, que irán dirixidas a Dirección Xeral da Función Publica, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

Os solicitantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

Os solicitantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos motivo de exclusión serán definitivamente excluídos.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

NRP

Consellería

Motivo da exclusión

Dapia

Prieto

María Elena

34983954B

3498395457 A997C

12, 13

Dapia

Prieto

Paula Antusa

34983957Z

3498395713 A997B

12

Dapia

Prieto

Raquel

34983958S

3498395824 A997B

12

Cód. causa

Causa exclusión

12

Corpo-escala ou categoría non corresponden ás do concurso

13

Non cumpre o tempo exixido no posto definitivo