Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 27 de setembro de 2013 Páx. 38232

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (350/2013).

Carmen Varela Rebolo, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 350/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Elvira Gómez Vila contra Diseño Tecnológico Textil de Galicia, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Que, estimando a demanda interposta por Elvira Gómez Vila, asistida polo letrado Sr. Vilariño Monterroso, contra a empresa Diseño Tecnológico Textil de Galicia, S.L., e coa intervención do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron malia estaren citados en legal forma, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento da parte demandante, con efectos desde o 19.3.2013, e a extinción desde a data da presente resolución da relación laboral existente entre a parte demandante e a citada empresa, e condeno esta última a que indemnice a parte demandante coa cantidade de 10.942,13 euros. Sen prexuízo da responsabilidade que ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) corresponda.

Notifíquese esta resolución ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado ante o que deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos nos artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

E para que sirva de notificación en forma a Diseño Tecnológico Textil de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

Lugo, 9 de setembro de 2013

A secretaria xudicial