Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 27 de setembro de 2013 Páx. 38230

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (123/2013).

Número de autos: despedimento/cesamentos en xeral 123/2013.

Demandante: Juan Carlos Varela Naya.

Avogada: María Jesús Vázquez Bol.

Demandados: Puertas Ramón Rama, S.L., Fondo de Garantía Salarial.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 123/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Varela Naya contra a empresa Puertas Ramón Rama, S.L., coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou sentenza de data 2.9.2013, cuxo ditame literalmente di así:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Juan Carlos Varela Naya contra a entidade Puertas Ramón Rama, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto en data do 26 de decembro de 2012, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data da presente resolución, ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Puertas Ramón Rama, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 37.262,55 €, máis ao aboamento dos salarios de tramitación entre a data do despedimento e a presente resolución, cuantificados a razón de 51,22 € diarios, e polo tanto 12.805 €.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Puertas Ramón Rama, S.L., advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de setembro de 2013

A secretaria xudicial