Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 27 de setembro de 2013 Páx. 38235

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (243/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 243/2012, deste xulgado do Social, seguido por instancia de María Josefa Arcos Ordóñez contra a empresa Mercado Tropical, S. L., Kilo Grill, S.L. e Districard Santiago, S.L., sobre ordinario, se ditou decreto con data do 9 de setembro de 2013, cuxa parte dispositiva se xunta:

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Para dar efectividade á orde xeral de execución, acordo o embargo dos seguintes bens:

– Devolucións tributarias que a AEAT teña pendentes de devolver á parte executada. Para tal efecto, realícese a petición de cargo por requirimento xudicial a través da conta de consignacións xudiciais.

– Saldos das contas bancarias que, segundo os datos existentes na aplicación informática, posúa ao seu favor a entidade executada, en canto sexan abondo para cubrir a suma das cantidades reclamadas, o que se levará a efecto a través do punto neutro xudicial.

– A cantidade sobrante da execución de títulos xudiciais 72/2012, que ascende á suma de 1.004,04 euros, e transferila á conta de depósitos e consignacións nº 5076/0000/64/0243/12.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A conta de consignacións do órgano xudicial para os efectos de pagamento será a seguinte: conta nº 5076 0000 64 0243 12. Deberase indicar no campo o concepto de pagamento.

Modo de impugnación: contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, artigo 186 da LPL.

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta 5076 aberta en Banesto, debendo indicar no campo concepto, a indicación «Recurso» seguida do código «31 Social-Revisión». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «Recurso» seguida do «código 31 Social-Revisión». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Mercado Tropical, S.L., Kilo Grill, S.L. e Districard Santiago, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2013

A secretaria xudicial