Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 27 de setembro de 2013 Páx. 38237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2013/50-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT, CS rúa 7.

Situación: polígono ind. San Cibrao, nave 13, parcela 5B.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 160 m de lonxitude, con condutor RHZ1 e orixe na LMT existente ao CT SCV803 Allibert 3 e remate na LMT existente ao CT 32CA38 polígono 7 con entrada e saída no centro de seccionamento proxectado.

Orzamento: 8.089,04 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 3 de setembro de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense