Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 27 de setembro de 2013 Páx. 38238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica recuamento LMT viaduto A Vilavella no concello da Mezquita (expediente IN407A 2013/48-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle (Ourense).

Denominación: recuamento LMT viaduto A Vilavella.

Situación: A Mezquita.

Características técnicas:

LMT aérea de 516 m de lonxitude a 20 kV, con condutor LA 110/116 mm2 con orixe na LMT A Mezquita 1 e remate na LMT A Mezquita 1 próxima a LMT ao CT Porta Galega (32AW92).

Orzamento: 32.170,02 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 3 de setembro de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense