Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlle publicidade á formalización do seguinte contrato de obras:
1. Obra de ampliación do CEIP Padre Feijoo de Allariz (Ourense).
1.1. Adxudicatario: Abeconsa, S.L.U.
1.2. Importe de adxudicación: 997.883,80 € (IVE excluído), o dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 75.
1.3. Data de adxudicación: 6 de setembro de 2013.
1.4. Data de formalización do contrato: 12 de setembro de 2013.
Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2013
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria