Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 27 de setembro de 2013 Páx. 38240

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo correspondente ao expediente de contratación 2013.55, servizo para a contratación e desenvolvemento do Programa de inserción laboral dirixido á poboación participante no proxecto FEAG-Empreganav.

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2012, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a seguir:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo da internet do perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo para a contratación e desenvolvemento do Programa de inserción laboral dirixido á poboación participante no proxecto FEAG-Empreganav.

c) Tipo de fondo: Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG): 65 %.

3. Tramitación e procedemento: urxente e aberto.

4. Orzamento base de licitación: cento oitenta e cinco mil catrocentos euros (185.400,00 €) máis trinta e oito mil novecentos trinta e catro euros (38.934,00 €) en concepto do imposto sobre o valor engadido a un tipo do 21 %, o cal fai un total de douscentos vinte e catro mil trescentos trinta e catro euros (224.334,00 €).

5. Adxudicación:

a) Data: 4 de setembro de 2013.

b) Contratista: Consultora de Estudios Económicos y Sociales, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cento trinta e oito mil oitocentos corenta e seis euros con seis céntimos de euro (138.846,06 €) máis vinte e nove mil cento cincuenta e sete euros con sesenta e sete céntimos de euro (29.157,67 €), que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de cento sesenta e oito mil tres euros con setenta e tres céntimos de euro (168.003,73 €).

6. Formalización: 5 de setembro de 2013.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2013

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar