Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 27 de setembro de 2013 Páx. 38242

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos correspondentes ao expediente de contratación 2013.10.SXT.A, servizo, por lotes, para o mantemento das instalacións de calefacción, climatización e ventilación das oficinas de emprego da Xunta de Galicia nas catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2012, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a seguir:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo na internet do perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo, por lotes, para o mantemento das instalacións de calefacción, climatización e ventilación das oficinas de emprego da Xunta de Galicia nas catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: sesenta mil trescentos corenta e tres euros con setenta e seis céntimos de euro (60.343,76 €) máis doce mil seiscentos setenta e dous euros con dezanove céntimos de euro (12.672,19 €) correspondentes ao 21 % de IVE, o que suma un importe total de setenta e tres mil quince euros con noventa e cinco céntimos de euro (73.015,95 €), distribuído nos seguintes lotes:

Lote 1: centros localizados na provincia da Coruña: 17.883,81 € (IVE incluído).

Lote 2: centros localizados na provincia de Lugo: 17.532,90 € (IVE incluído).

Lote 3: centros localizados na provincia de Ourense: 12.993,89 € (IVE incluído).

Lote 4: centros localizados na provincia de Pontevedra: 24.605,35 € (IVE incluído).

5. Adxudicación de todos os lotes:

a) Data: 29 de agosto de 2013.

b) Contratistas:

Lote 1: centros localizados na provincia da Coruña.

Empresa adxudicataria: Clece, S.A.

Importe de adxudicación: 10.772,56 € + 2.262,24 € (IVE 21 %) = 13.034,80 €.

Lote 2: centros localizados na provincia de Lugo.

Empresa adxudicataria: Climagal, S.L.

Importe de adxudicación: 10.940,00 € + 2.297,40 € (IVE 21 %) = 13.237,40 €.

Lote 3: centros localizados na provincia de Ourense.

Empresa adxudicataria: Ferroser (Ferrovial Servicios, S.A.).

Importe de adxudicación: 8.257,10 € + 1.733,99 € (IVE 21 %) = 9.991,09 €.

Lote 4: centros localizados na provincia de Pontevedra.

Empresa adxudicataria: Ferroser (Ferrovial Servicios, S.A.).

Importe de adxudicación: 15.443,30 € + 3.243,08 € (IVE 21 %) = 18.686,38 €.

c) Nacionalidade de todas as empresas adxudicatarias: española.

6. Formalización: 3 de setembro de 2013.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2013

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar