Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 27 de setembro de 2013 Páx. 38244

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (Aeiga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou acta da asemblea xeral ordinaria, do 10 de abril de 2013, en que se recolle a modificación dos artigos 2 e 4 dos estatutos da dita asociación.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social