Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 27 de setembro de 2013 Páx. 38245

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Gallega de Pizarristas.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificación, onde se reflicte o acordo acadado pola asemblea xeral extraordinaria na reunión do 17 de xullo de 2013, en que se recolle a modificación dos estatutos da dita asociación.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social