Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 26 de setembro de 2013 Páx. 37974

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 152/2013, do 12 de setembro, polo que se aproba a relación e clasificación de estradas de titularidade municipal do Concello de Parada de Sil.

O artigo 6.b) da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, atribúe ao Consello da Xunta de Galicia a competencia para aprobar a relación e clasificación das estradas de titularidade das entidades locais, na falta do correspondente plan.

Con data do 23 de xullo de 2013, a Deputación Provincial de Ourense, por instancia do Concello de Parada de Sil, solicitou á Xunta de Galicia a aprobación da relación de estradas de titularidade municipal do devandito concello, coa petición de que fosen consideradas, para os efectos de clasificación, como redes secundarias, segundo o artigo 10.4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia.

Posteriormente, o 12 de agosto de 2013 a Axencia Galega de Infraestruturas emite informe favorable á proposta da rede do Concello de Parada de Sil.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de setembro de dous mil trece,

DISPOÑO:

Artigo único

Aprobar a relación de estradas de titularidade municipal do Concello de Parada de Sil, que figura como anexo ao presente decreto, clasificadas como estradas secundarias, ao abeiro do artigo 10 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia.

Anexo:

Inclúese no anexo que acompaña este decreto unha relación de estradas en que concorren as circunstancias aludidas. Así mesmo, na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas), atópase á disposición dos interesados un plano onde quedan reflectidas as estradas que se aprobarán como de titularidade municipal do Concello de Parada de Sil.

Santiago de Compostela, doce de setembro de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO
Relación de estradas municipais

Código

Denominación

Lonxitude estrada (m)

Raio mínimo

(m)

Largo medio (m)

OU-57001

Parada de Sil (OU-0605)-Mosteiro de Santa Cristina

4.290

6,19

3,50

OU-57002

Acceso a Portela

1.000

55,36

3,50

OU-57003

Campo da Feira-Cruzamento de Luíntra

376

39,63

3,25

OU-57004

Parada de Sil-Balcón de Madrid

859

12,20

3,25

OU-57005

Parada de Sil (OU-0605)-Fondo de Vila

242

30,51

3,50

OU-57006

(OU-0605) Acceso a Sardela

187

10,77

3,50

OU-57007

Chandrexa (OU-0605)-Entreambosríos

918

21,85

3,50

OU-57008

Arrabaldo (OU-0605)-Purdeus (OU-0605)

1.532

10,13

4,00

OU-57009

Ramal a Eirexa

131

28,62

4,50

OU-57010

O Campo (OU-57008)-Rabacallos

1.696

11,48

3,50

OU-57011

Purdeos-San Andrés

249

11,71

3,25

OU-57012

(OU-0605) A Rampa-(OU-0605) Bouzas

2.845

11,03

3,50

OU-57013

Chouza do Canelas-Calvos (Treito 1)

121

34,14

3,25

OU-57014

Chouza do Canelas-Calvos (Treito 2)

135

84,61

3,25

OU-57015

(OU-57008) Acceso a Barxa (O Porto)

296

25,64

3,25

OU-57016

(OU-0605) San Adrián-San Lourenzo

1.521

6,02

3,25

OU-57017

(OU-0605) a Barxacova

431

21,26

3,25

OU-57018

Barxacova-río Mao

459

8,34

3,25

OU-57019

(OU-0604) Casa do Vento-Pombar-(limita concello Montederramo)

8.705

14,14

4,00

OU-57020

(OU-57)-(OU-57) Ivil

898

32,58

3,25

OU-57021

(OU-57013) Portela-presa da Hedrada

3.728

8,18

3,25

OU-57022

Senra-As Lameiras

1.325

26,95

3,50

OU-57023

(OU-0604) Os Fiós-a Pombar

4.517

10,25

4,00

OU-57024

(OU-0604) Casa do Vento-Paradellas

2.937

22,90

4,00

OU-57025

Acceso a Celeirón

364

35,07

3,25

OU-57026

Paradellas-Límite concello Montederramo

673

46,68

4,00

OU-57027

Teimende-Xunqueira de Espadanedo

6.430

26,19

7,00

OU-57028

Caxide (OU-0508)-Requián (OU-57026)

1.149

26,24

3,50

OU-57029

Alto de Gándaras (OU-0508)-Couto-Coutiño (OU-57026)

1.306

21,83

4,00

OU-57030

Couto-Santigueiro (OU-57026)

867

10,12

4,00

OU-57031

(OU-604) a Tourel

182

148,97

3,25

OU-57032

(OU-604) á Hedrada

162

31,98

3,50

Lonxitude total das estradas provinciais…..

Número de estradas municipais…..............

50.531

32