En virtude do establecido no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega,
DISPOÑO:
Artigo único
Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2013, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2013
María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2013
Convenio |
Importe (€) |
Data sinatura |
Convenio de colaboración institucional entre a Consellería de Facenda e a Fundación para a Formación e Investigación en Auditoría do Sector Público. |
8.000 € |
24.5.2013 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración. |
Sen achega económica |
3.6.2013 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración. |
Sen achega económica |
10.6.2013 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Deputación Provincial de Ourense para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración. |
Sen achega económica |
17.6.2013 |
Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Facenda, e o Concello de Santiago de Compostela para sufragar os gastos derivados da súa condición de capital da Comunidade Autónoma de Galicia. |
2.297.550 € |
12.7.2013 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Deputación Provincial de Lugo para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración. |
Sen achega económica |
24.7.2013 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o presidente da mancomunidade de concellos Santa Águeda para a xestión recadadora executiva que lle encomende a mancomunidade dos tributos e calquera outro recurso de dereito público de que sexa titular a mancomunidade. |
Sen achega económica |
12.7.2013 |