Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 26 de setembro de 2013 Páx. 37977

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 153/2013, do 12 de setembro, polo que se aproba a relación e clasificación de estradas de titularidade municipal do Concello de Manzaneda.

O artigo 6.b) da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, atribúe ao Consello da Xunta de Galicia a competencia para aprobar a relación e clasificación das estradas de titularidade das entidades locais, na falta do correspondente plan.

Con data do 2 de maio de 2013, a Deputación Provincial de Ourense, por instancia do Concello de Manzaneda, solicitou á Xunta de Galicia a aprobación da relación de estradas de titularidade municipal do devandito concello, coa petición de que fosen consideradas, para os efectos de clasificación, como redes secundarias, segundo o artigo 10.4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia.

Posteriormente, o 12 de agosto de 2013 a Axencia Galega de Infraestruturas emite informe favorable á proposta da rede do Concello de Manzaneda.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de setembro de dous mil trece,

DISPOÑO:

Artigo único

Aprobar a relación de estradas de titularidade municipal do Concello de Manzaneda, que figura como anexo ao presente decreto, clasificadas como estradas secundarias, ao abeiro do artigo 10 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia.

Anexo:

Inclúese no anexo que acompaña este decreto unha relación de estradas en que concorren as circunstancias aludidas. Así mesmo, na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas), atópase á disposición dos interesados un plano onde quedan reflectidas as estradas que se aprobarán como de titularidade municipal do Concello de Manzaneda.

Santiago de Compostela, doce de setembro dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO
Relación de estradas municipais

Código

Denominación

Lonxitude estrada (m)

Raio mínimo

(m)

Largo medio (m)

OU-44001

Manzaneda (OU-0701)-Escourido

1.907

17,26

4,81

OU-44002

(OU-0702) Acceso a Rozavales

237

31,16

3,50

OU-44003

Manzaneda (OU-0701)-Ponte Bibei (L. concello de Trives)

5.592

10,17

6,00

OU-44004

Manzaneda (OU-0701)-Gabino García

243

67,53

6,35

OU-44005

Manzaneda (OU-0701)-estación Cabeza de Manzaneda (1º tr.)

9.361

12,68

3,97

OU-44006

Variante Paradela (estrada vella)

560

38,16

4,50

OU-44007

Variante Paradela de Arriba

274

50,18

3,50

OU-44008

Manzaneda (OU-0701)-Soutipedre (OU-0701)

9.075

11,78

4,00

OU-44009

(OU-44008) ramal A San Pedro

515

16,29

3,50

OU-44010

Placín (OU-0701)-A Madroa

3.004

10,23

4,50

OU-44011

(OU-44010) ramal a Touza

165

83,35

3,50

OU-44012

(OU-44010) ramal a Cubeiros

468

7,21

3,50

OU-44013

(OU-44010) ramal a Faceira

85

100,20

3,50

OU-44014

(OU-44010) ramal a Borruga

89

21,38

3,50

OU-44015

Cesuris (OU-44008)-Cimadevila de Langullo

1.915

10,07

3,50

OU-44016

(OU-0701) ramal a Placín

143

81,57

3,25

OU-44017

(OU-0701) ramal a Requeixo

1.124

48,80

3,50

OU-44018

(OU-0701) ramal a Trabazos

1.667

11,06

4,00

OU-44019

(OU-44018) enlace Trabazos (OU-44020)

265

65,88

3,50

OU-44020

San Miguel (OU-0701)-San Vicenzo

3.457

13,06

4,00

OU-44021

(OU-44020) ramal a Rebodepó

2.960

23,53

3,50

OU-44022

(OU-0701) estrada a Bidueira

893

26,53

3,33

OU-44023

(OU-0701) ramal a Bidueira

1.047

17,13

3,25

OU-44024

Cimadevila (Reigada)

153

21,61

3,00

OU-44025

A Reigada

127

41,64

3,00

OU-44026

(OU-0701) Reigada-Dernado (límite concello do Bolo)

6.140

16,34

3,92

OU-44027

(OU-0701) Ponte Reigada-Encoro do Vao (límite concello do Bolo)

3.043

6,29

4,00

OU-44028

(OU-0701) antiga estrada (OU-0701)

336

12,50

3,75

OU-44029

Camiño Seoane

393

24,69

3,50

Lonxitude total das estradas provinciais…..

Número de estradas municipais…………...

55.238

29