Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 24 de setembro de 2013 Páx. 37752

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2013 pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a proxectos de enerxías renovables, con financiamento procedente de fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013, incluídos na convocatoria efectuada mediante Resolución do 9 de abril de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 76, do 16 de abril).

Antecedentes.

1. Na referida Resolución do 9 de abril de 2013, pola que se estableceron as bases reguladoras e se anunciou a convocatoria de subvencións para este exercicio a proxectos de enerxías renovables (en diante, bases reguladoras), establécese a posibilidade de solicitar axudas nas seguintes tecnoloxías previstas no seu anexo I:

Concepto

Código de procedemento

Enerxía solar térmica

IN421A

Enerxía solar fotovoltaica illada e instalacións mixtas illadas

IN421B

Enerxía solar fotovoltaica non illada e instalacións mixtas non illadas

IN421C

Caldeiras de biomasa

IN421D

2. Tendo en conta o carácter dinámico que se outorga ao procedemento administrativo de concesión, unha vez confirmada a reserva de fondos e a posterior presentación en prazo das solicitudes xa formalizadas, verificouse que tanto a súa documentación como os proxectos técnicos cumpren cos requisitos establecidos nas bases reguladoras.

Consideracións legais.

1. O Departamento de Secretaría e Servizos Xerais do Instituto Enerxético de Galicia será o órgano competente para a instrución do procedemento administrativo de concesión das subvencións e correspóndelle ao director deste organismo ditar as diferentes resolucións que deriven del (artigo 12.1 das bases reguladoras).

2. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro. Con carácter xeral non se enviarán notificacións postais e, de conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da indicada lei, no caso das resolucións de concesión, poderase substituír a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Inega (www.inega.es). Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, os beneficiarios, as cantidades concedidas e a finalidade das subvencións outorgadas. Coa publicación no DOG poderán remitirse aos beneficiarios a que consulten a información detallada da resolución a través do taboleiro electrónico de anuncios habilitado para estes efectos na referida páxina web.

3. A concesión das subvencións efectuarase respectando a rigorosa orde de reserva de fondos realizada a través da aplicación informática, e logo de presentar a solicitude e a totalidade da documentación administrativa e técnica prevista no artigo 7.5 das bases reguladoras, sen prexuízo da posterior revisión de tales documentos pola comisión técnica, que podería dar lugar, se é o caso, á modificación da axuda na resolución de concesión (artigos 7.1.a) e 10 das bases reguladoras).

4. Estas axudas están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 52 %, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013, eixe 4, tema prioritario 40 e 41.

5. Neste procedemento só se teñen en conta aqueles feitos, alegacións ou probas aducidos polos propios interesados.

6. Para determinar o importe do investimento subvencionado ou custo elixible e fixar a contía máxima de axuda atendeuse aos criterios recollidos no anexo I das bases reguladoras (Normas por tecnoloxía aplicada).

7. Salvo naqueles supostos en que os beneficiarios son particulares ou institucións que non desenvolven actividades económicas que repercutan en terceiros, observouse o disposto no artigo 23 e concordantes do Regulamento (CE) nº 800/2008, do 6 de agosto, da Comisión, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do TFUE (DOUE L 214, do 9 de agosto), concretamente para a seguinte categoría exenta: axudas ao investimento para a protección do ambiente destinadas á promoción de enerxía procedente de fontes de enerxía renovables.

8. Tal e como dispón o artigo 14 das bases reguladoras, todas as axudas concedidas implican a aceptación por parte dos seus destinatarios para seren incluídos na lista pública de beneficiarios prevista nos artigos 6 e 7.2 d) do Regulamento (CE) da Comisión, do 8 de decembro de 2006 (DOUE L 371, do 27 de decembro).

Así mesmo, como beneficiarios dunha axuda cofinanciada, deberán cumprir coas obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do citado regulamento e no artigo 1, números 1) e 2) do Regulamento (CE) da Comisión, do 1 de setembro de 2009 (DOUE L 250, do 23 de setembro).

De acordo con todo o anterior, e dentro do prazo previsto no artigo 13 das bases reguladoras, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 08.A2.733A.781.7/08.A2.733A.771.7/ 08.A2.733A.781.5/08.A2.733A.781.8/08.A2.733A.771.8/08.A2.733A.781.1 e 08.A2.733A.771.6, nas distintas tipoloxías que aparecen recollidas no anexo desta resolución.

Segundo. Todos os beneficiarios poderán obter a información detallada dos requisitos da subvención concedida e acceder ao taboleiro electrónico a través da aplicación informática habilitada para estas axudas co usuario e contrasinal do solicitante, desde a páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.es), na epígrafe «Axudas a instalacións enerxías renovables 2013».

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 16 das bases reguladoras, se transcorresen dez (10) días hábiles desde a publicación desta resolución no DOG sen que os interesados que figuran no anexo comunicasen expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que a aceptan e, desde ese momento, adquirirán a condición de beneficiarios.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación ou notificación, de acordo co previsto nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, pódese interpor recurso administrativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun (1) mes contado do mesmo xeito, tal e como dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Todo iso sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere oportuno.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO
Subvencións concedidas

IN421A - Grupo I: enerxía solar térmica (eixe 4, medida 40)

Beneficiarios: familias e institucións sen ánimo de lucro

Aplicación orzamentaria: 08.A2.733A.781.7

Código de solicitude

NIF

Datos do solicitante

Investimento

sen IVE

(€)

Subvención

(€)

IN421A/13R40

35431873M

Francisco Cores Abal

4.470,00

1.760,67

IN421A/13R454

76712044Y

Concepción Dolores Macías Méndez

2.450,00

517,18

IN421A/13R461

46901886X

Luis González Jove

3.351,85

558,86

IN421A/13R470

78731863B

Pablo Pérez Paz

3.100,00

446,08

IN421A/13R474

76310785M

Manuel García Moar

6.190,00

1.702,44

IN421A/13R477

00686233M

Luciano Martínez de las Heras

4.343,58

1.350,00

IN421A - Grupo I: enerxía solar térmica (eixe 4, medida 40)

Beneficiarios: empresas privadas

Aplicación orzamentaria: 08.A2.733A.771.7

Código de solicitude

NIF

Datos do solicitante

Investimento

sen IVE

(€)

Subvención

(€)

IN421A/13R444

B15204738

Foncafer, S.L.

8.101,50

1.183,37

IN421A/13R462

B15320187

José Fajardo, S.L.

8.624,66

3.127,90

IN421A/13R481

B36113348

Penide Campos, S.L.

31.956,00

20.771,40

IN421A/13R522

B94026002

Trasil Inversións, S.L.

8.990,00

2.869,56

IN421B - Grupo II: enerxía solar fotovoltaica illada e instalacións mixtas illadas (eixe 4, medida 40)

Beneficiarios: familias e institucións sen ánimo de lucro

Aplicación orzamentaria: 08.A2.733A.781.5

Código de solicitude

NIF

Datos do solicitante

Investimento

sen IVE

(€)

Subvención

(€)

IN421B/13R24

G27377811

Asociación Aldeanos de Formigueiros

5.475,00

3.931,69

IN421C - Grupo III: enerxía solar fotovoltaica non illada e instalacións mixtas non illadas (eixe 4, medida 40)

Beneficiarios: familias e institucións sen ánimo de lucro

Aplicación orzamentaria: 08.A2.733A.781.8

Código de solicitude

NIF

Datos do solicitante

Investimento

sen IVE

(€)

Subvención

(€)

IN421C/13R245

44808738T

Javier García Bello

8.918,00

2.058,00

IN421C/13R248

34192530V

Divina Ferreiro Batán

7.280,00

1.728,00

IN421C/13R249

15243692M

Jesús Antolín Alzugaray

6.000,00

2.592,00

IN421C - Grupo III: enerxía solar fotovoltaica non illada e instalacións mixtas non illadas (eixe 4, medida 40)

Beneficiarios: empresas privadas

Aplicación orzamentaria: 08.A2.733A.771.8

Código de solicitude

NIF

Datos do solicitante

Investimento

sen IVE

(€)

Subvención

(€)

IN421C/13R60

B36258143

Estación de Servicio España-Portugal, S.L.

38.016,00

12.672,00

IN421C/13R88

B36611705

Nodosa, S.L.

62.100,00

20.000,00

IN421D - Grupo IV: caldeiras de biomasa (eixe 4, medida 41)

Beneficiarios: familias e institucións sen ánimo de lucro

Aplicación orzamentaria: 08.A2.733A.781.1

Código

de solicitude

NIF

Datos do solicitante

Investimento

sen IVE

(€)

Subvención

(€)

IN421D/13R143

52431583R

María del Carmen Jallas Jallas

7.500,00

1.660,00

IN421D/13R1106

76340135F

Jesús María Ramos Cagiao

5.855,00

1.200,00

IN421D/13R1250

33319948D

Mario Gay Varela

4.040,80

660,00

IN421D/13R1279

01497149X

Juan Junkera Rodríguez

11.699,20

2.000,00

IN421D/13R1491

33838991B

Gonzalo Seco Casal

5.848,00

1.500,00

IN421D/13R1509

34960202H

Josefa Rodríguez Novoa

2.700,00

804,05

IN421D/13R1566

76343701P

José Antonio Domínguez González

5.390,00

1.660,00

IN421D/13R1005

76619474B

Juan Benjamín Vázquez Hermida

5.658,00

1.992,00

IN421D/13R1500

46916947Y

Marcos Cardero Castro

3.500,00

1.494,00

IN421D/13R1501

33350143M

Sonia Neira Castro

7.100,00

2.000,00

IN421D/13R1508

76608049V

José Luis Rodríguez Rois

11.114,00

3.000,00

IN421D/13R1599

35546849G

Juan Prada Álvarez

12.166,90

800,00

IN421D/13R1614

16518963H

María Adoración Blanco Ruiz

12.853,00

3.000,00

IN421D/13R1630

32832802A

Elisa Pazos Díaz

10.139,00

2.560,00

IN421D/13R1641

76391551H

Sara Ramil Rey

6.480,00

1.200,00

IN421D/13R1652

32790450V

Antonio Iglesias Arnejo

5.300,00

1.992,00

IN421D - Grupo IV: caldeiras de biomasa (eixe 4, medida 41)

Beneficiarios: empresas privadas

Aplicación orzamentaria: 08.A2.733A.771.6

Código

de solicitude

NIF

Datos do solicitante

Investimento

sen IVE

(€)

Subvención

(€)

IN421D/13R805

B32404279

Ribeiro Geriatría, S.L.

62.154,00

17.920,00

IN421D/13R1435

B32168809

Grupo Antolín Instalaciones, S.L.

16.223,74

4.480,00

IN421D/13R1604

B27396480

Otega Ingeniería, S.L.

294.918,94

30.000,00

IN421D/13R1605

B27396480

Otega Ingeniería, S.L.

167.502,00

30.000,00

IN421D/13R1608

B27380633

Lugo Carne, S.L.

135.824,00

30.000,00

IN421D/13R1620

B27015882

Isempa, S.L.

86.408,21

16.080,00

IN421D/13R1654

V36403350

SAT Sampaio nº 1140 XUGA

49.000,00

20.000,00