Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 24 de setembro de 2013 Páx. 37783

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2013 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto, unicriterio, da obra prevención de incendios forestais mediante tratamentos silvícolas en varios montes xestionados dos concellos de Vilar de Barrio e Sarreaus. Distrito Forestal XV (Ourense), sen admisión de variantes e sen clasificación, cofinanciada con fondos Feader, nun 75 %, sub-medida 226.11 (expediente 38/2013).

O xoves 5 de setembro publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 30 de agosto de 2013 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto, unicriterio, de 26 obras, sen admisión de variantes e sen clasificación, cofinanciadas con fondos Feader, nun 75 %, sub-medida 226.11 (expediente 38/2013).

Detectado no proxecto técnico un erro nas medicións dalgunhas unidades de obra do orzamento que corresponde a seguinte obra:

Código proposta

Título

Importe sen IVE

IVE

Importe licitación con IVE

18

32M14/12

Prevención de incendios forestais mediante tratamentos silvícolas en varios montes xestionados dos concellos de Vilar de Barrio e Sarreaus. Distrito Forestal XV (Ourense)

138.447,33

13.844,73

152.292,06

Por este motivo, realizouse un novo proxecto técnico corrixindo os erros detectados. Estas correccións non afectan o importe do orzamento da obra.

Á vista do sinalado,

RESOLVO:

1. Aprobar o proxecto coas novas medicións e non modificar o orzamento fixado nun importe de licitación de 152.292,06 €.

2. Retrotraer o procedemento de contratación á fase de publicación do anuncio de licitación da obra de prevención de incendios forestais mediante tratamentos silvícolas en varios montes xestionados dos concellos de Vilar de Barrio e Sarreaus. Distrito Forestal XV (Ourense) no Diario Oficial de Galicia, concedéndose, por tanto, o correspondente prazo de presentación das ofertas desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e que finalizará aos vinte e seis (26) días naturais, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

3. Acordar que se publique o proxecto coa corrección do erro detectado relativo a esta contratación no portal da plataforma de contratos públicos de Galicia.

4. Declarar vixente a anterior Resolución do 30 de agosto de 2013, para as restantes obras incluídas no anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia do día 5 de setembro de 2013.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar