Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 24 de setembro de 2013 Páx. 37781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 3 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fan públicas as resolucións de determinados recursos de reposición do Programa para a promoción do emprego autónomo, xestionados nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día coas resolucións ditadas nos procedementos instados polos interesados, requírense as persoas citadas no anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da data de publicación desta cédula, comparezan persoalmente ou debidamente representadas, no Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido daquela, advertíndolles que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que os asiste para interpoñer o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1988, do 13 de xuño, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 29 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 3 de setembro de 2013

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR 341D 2011/2816-1.

Nome: Delma Marcelina Robles de Souza.

DNI: 49331426Z.

Último enderezo coñecido: avda. Vilaboa, 175ª, 4º A, 15174 Culleredo.

Contido da resolución: desestimación do recurso de reposición.

Expedientes: TR 340K 2011/109-1, TR 340K 2011/110-1 e TR 340K 2011/111-1.

Nome: Avanza Más Proyectos y Obras, S.L.

CIF: B702767446.

Último enderezo coñecido: r/ Washington, 26, 3º, 15002 A Coruña.

Contido da resolución: desestimación dos recursos de reposición.