Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 24 de setembro de 2013 Páx. 37785

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 2 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (PESAN1 2013/000043-2 e dous máis).

Segundo o recollido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícanse ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, desde o día seguinte a aquel en que se publique este edicto, para examinar o expediente e interpoñer, no prazo que se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes que se relacionan a seguir atópanse á disposición dos interesados na Xefatura Territorial de Lugo, a través da Xefatura de Coordinación da Área do Mar, situada na avenida Ramón Canosa, s/n, 27863 Viveiro.

Nº de expediente: PESAN1 2013/000043-2.

Denunciado: Benigno Casas Villar.

DNI: 76406515D.

Enderezo: Lugar Montemedo, nº 9, Montoxo, Cedeira.

Precepto infrinxido: artigo 137.B.2.

Sanción: 6.000 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2013/000046-2.

Denunciado: David Marta Caamaño.

DNI: 32699389J.

Enderezo: Padre Feijoo, bloque 27, portal 3, 2º D, Ferrol.

Precepto infrinxido: artigo 137.B.2.

Sanción: 2.000 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2013/000059-2.

Denunciado: Enrique Martín Fanjul.

DNI: 10812370R.

Enderezo: María Zambrano, nº 7, 4º B, Gijón.

Precepto infrinxido: artigo 137.B.2.

Sanción: 200 euros.

Segundo a Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG núm. 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán aboarse nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na xefatura territorial o documento de ingreso correspondente.

Se cumpren os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderán solicitar, no prazo dun mes desde que a resolución sexa firme, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante un escrito que sexa motivado e no que se comprometan a aterse ás condicións que se establezan para que se outorgue, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, o respecto á normativa que regula a actividade pesqueira.

Lugo, 2 de setembro de 2013

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo