Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 23 de setembro de 2013 Páx. 37443

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

EDICTO de información pública sobre licenza de apertura para estación de servizo.

Tendo solicitado desta Alcaldía Manuel Fernández Morán e/r de Estación de Servicio Caldas, S.L. licenza municipal para estación de servizo, de acordo coa memoria urbanística e memoria ambiental co visado do 20.8.2013 do proxecto modificado redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos, Evaristo Juncal Froján que se situará en Segade de Arriba CN-640 p.q. 224-Santo André, e cumprindo o disposto polo artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 13 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante o prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte á inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que durante este poida examinarse o expediente, no negociado de Urbanismo deste concello, polas persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións e observacións que teñan por conveniente.

Caldas de Reis, 3 de setembro de 2013

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde