Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 23 de setembro de 2013 Páx. 37444

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública sobre planta de destrución documental e reciclaxe de materiais na parroquia de Tameiga.

Sométese a información pública o expediente 2010/336, tramitado por instancia de Integraldata Security, S.A., para a concesión dunha licenza de actividade para unha planta de destrución documental e reciclaxe de materiais na avenida de Peinador, na parroquia de Tameiga deste municipio. De conformidade co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, durante o prazo de vinte días, que se contarán a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, o expediente encóntrase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións e observacións que consideren conveniente.

Mos, 19 de agosto de 2013

Nidia María Arévalo Gómez
Alcaldesa