Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 23 de setembro de 2013 Páx. 37445

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de licitación do contrato mixto de dotación museográfica do Museo Galego do Entroido.

De conformidade co acordo acadado pola Xunta de Goberno Local na súa sesión do 9 de setembro de 2013, por medio do presente anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato mixto de dotación museográfica do Museo Galego do Entroido do concello de Xinzo de Limia, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Xinzo de Limia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: dotación museográfica do Museo Galego do Entroido, sito na rúa Dous de Maio, nº 27, de Xinzo de Limia.

b) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato administrativo ata o 30 de novembro de 2013, data límite para a xustificación da subvención concedida para esta actuación.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 150.000,00 €, IVE incluído.

5. Financiamento: 100 % Axencia Turismo de Galicia.

6. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Xinzo de Limia.

b) Domicilio: Curros Enríquez, nº 15.

c) Localidade e código postal: Xinzo de Limia, 32630 (Ourense).

d) Teléfono: 988 55 01 11.

e) Fax: 988 55 01 12.

f) Correo electrónico:

concello@xinzodelimia-ayto.com/secretario@xinzodelimia-ayto.com

8. Criterios de valoración das ofertas:

a) Criterios obxectivos avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas: 55 %.

a.1. Ampliación do prazo de mantemento e actualización dos contidos multimedia: de 0 a 30 puntos.

a.2. Ampliación do prazo de garantía: de 0 a 15 puntos.

a.3. Oferta económica: de 0 a 10 puntos.

b) Criterios cuxa cuantificación depende dun xuízo de valor: 45 %. Valoración da proposta técnica con base na seguinte desagregación:

– Presentación xeral do proxecto: de 0 a 10 puntos.

– Proposta de intervención, distribución e percorrido expositivo: de 0 a 10 puntos.

– Idea e presentación de realización audiovisual: de 0 a 10 puntos.

– Melloras: de 0 a 10 puntos. Só se terán en conta as seguintes melloras; asignarase a seguinte puntuación por mellora:

• Equipamento e dotación da planta inferior para integrala no conxunto do museo: de 0 a 4 puntos.

• Deseño e realización do lanzamento e presentación pública do museo: de 0 a 2 puntos.

• Deseño e posta en funcionamento de páxina web do museo: de 0 a 2 puntos.

• Deseño e subministración de folletos informativos para a difusión e posta en marcha do museo: de 0 a 2 puntos.

– Metodoloxía, equipo de traballo, cronograma e organización dos labores que se van levar a cabo: de 0 a 5 puntos.

9. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: oito (8) días naturais desde o día seguinte ao de publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG (último anuncio).

b) Documentación que hai que presentar: a recollida na cláusula 8ª do prego. O modelo da proposta económica recóllese no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares e pódese obter no perfil do contratante da Deputación de Ourense.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Xinzo de Limia.

10. Mesa de contratación: a súa composición fíxase na cláusula 9ª do prego.

11. Apertura das ofertas: ás 13.00 horas do día hábil seguinte (excepto sábados) a aquel en que finalice o prazo de presentación de propostas.

12. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Perfil de contratante onde figuran as informacións relativas á convocatoria e onde se poden obter os pregos: www.depourense.es

Xinzo de Limia, 10 de setembro de 2013

Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde