Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 23 de setembro de 2013 Páx. 37448

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oza-Cesuras

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dunha dotación docente en Mangoño (Mandaio).

Aprobado inicialmente, por decreto do presidente da Comisión Xestora do Concello de Oza-Cesuras (A Coruña), do 12 de setembro de 2013, o Plan especial de equipamento en solo rústico para a ordenación dunha dotación docente, lugar de Mangoño, parroquia de Mandaio, concello de Cesuras (actualmente Oza-Cesuras), de conformidade co establecido no artigo 86.1 a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, en dous xornais de maior difusión na provincia, así como nos taboleiros de edictos do concello. O referido prazo contará a partir da inserción do anuncio no DOG.

Durante o dito prazo, poderá ser examinado o documento técnico, así como o expediente administrativo, por calquera interesado nas dependencias de Secretaría da sede de Cesuras, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e os sábados, das 10.00 ás 13.00 horas, e seren formuladas as alegacións que xulguen oportunas.

Ao abeiro do disposto no artigo 77 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, as licenzas quedan suspendidas en todo o ámbito territorial do Plan especial de infraestruturas e dotacións obxecto de aprobación inicial durante o prazo máximo de dous anos. En calquera caso, esta suspensión extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

Oza-Cesuras, 12 de setembro de 2013

José Pablo González Cacheiro
Presidente da Comisión Xestora