Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 23 de setembro de 2013 Páx. 37442

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boimorto

ANUNCIO de información pública sobre estabulación trabada de vacún de leite, sala de muxidura, leitaría e oficinas na Cabana (Buazo).

Rogelio Sandá Espiñeira solicitou desta alcaldía licenza municipal para a construción dunha corte de vacún de leite trabado, sala de muxidura, leitaría e oficinas, a situar na Cabana (Buazo). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Boimorto, 17 de setembro de 2013

José Ignacio Portos Vázquez
Alcalde