Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 23 de setembro de 2013 Páx. 37441

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

EDICTO de licenza de actividade dun taller mecánico.

Agustín Calvete Varela solicitou neste concello unha licenza municipal de apertura para actividade dedicada a taller mecánico situado na avenida de Fisterra, nº 257, baixo, Arteixo. En cumprimento do disposto no Decreto 133/2008, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao da última pubicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade poidan examinalo e formular por escrito as alegacións e reclamacións que estimen oportunas. O correspondente expediente pode consultarse nas oficinas deste concello.

Arteixo, 20 de agosto de 2013

P.D. (Decreto 989/2011, do 21 de xuño)
Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo