Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 19 de setembro de 2013 Páx. 37028

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (413/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña (reforzo), fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 413/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Lopo Prieto contra a empresa Bogar Asistencia, S.L., Galicia Saudade, S.L., Administración Concursal de Galicia Saudade, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Concello de Sada, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

Sentenza: 488/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 413/2013.

Demandante: Ana María Lopo Prieto.

Letrado: Sr. Méndez Sanjurjo.

Demandados:

– Galicia Saudade, S.L.

Letrado:

– Administrador Concursal de Galicia Saudade, S.L.

– Bogar Asistencia, S.L.

Letrada: Sra. Segura Espinosa.

– Concello de Sada.

Letrado: Sr. Torres Jack.

– Fogasa.

Ditame:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Ana María Lopo Prieto fronte á empresa Galicia Saudade, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo deste ditame. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 3.262 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 37,28 euros €/día.

3º. No caso de que o empresario opte pola readmisión, o traballador deberá reintegrar a indemnización que se puidese ter recibido unha vez firme a sentenza; para o caso de que se opte pola extinción da relación laboral, deberá compensarse a indemnización eventualmente recibida polo traballador coa que se fixou nesta sentenza.

4º. Desestimo a demanda interposta por Ana María Lopo Prieto fronte a Bogar Asistencia, S.L. e o Concello de Sada e absólvoos de todos os pedimentos formulados fronte a eles.

5º. O Fogasa e a Administración Concursal de Galicia Saudade, S.L. deberán pasar polo decidido na presente resolución.

A administración concursal da demandada, así como o Fogasa, deberán pasar polo disposto nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz de reforzo.

Javier López Cotelo, asinado.

Publicada no día da súa data. Marta Yanguas del Valle, secretaria, asinado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Galicia Saudade, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e publicación no taboleiro de anuncios.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de agosto de 2013

A secretaria xudicial