Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 19 de setembro de 2013 Páx. 37031

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (179/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 179/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eduardo del Sel Lago, contra a empresa Avancos Technical Services, S.L. sobre reclamación de cantidade, ditouse auto e decreto en data 29 de xullo de 2013, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva:

Acordo declarar ao/aos executado/s Avancos Technical Services, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 1.826,30 euros de principal, máis 228,16 euros de xuros de demora, máis 205,44 euros que provisionalmente se orzamentan para xuros, gastos e custas, máis 200 euros de honorarios de letrado da parte demandante, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

Lévese o orixinal ao libro de decretos e déixese testemuño nas presentes actuacións.

Líbrese mandamento ao rexistro mercantil correspondente para a súa anotación.

Arquívese o presente procedemento e déase de baixa nos libros correspondentes.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 5076 no Banco Español de Crédito debendo indicar no campo concepto, «recurso» seguida do código «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso» seguida do «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

O/a secretario/a xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Avancos Technical Services, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2013

A secretaria xudicial