Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 19 de setembro de 2013 Páx. 37033

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (135/2013 M).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de María Luisa Mosquera Garea contra Centro Estudio Oposiciones, S.C.; José García García e Teresa Gómez González, sobre despedimento obxectivo individual 135/2013, acordouse citar a Centro Estudio Oposiciones, S.C. e a Teresa Gómez González, en paradoiro ignorado, co fin de que comparezan na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, o día 1 de outubro de 2013, ás 10.10 horas y 10.15 horas, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia. Fáiselles saber que se encontra á súa disposición na oficina xudicial deste xulgado o decreto de admisión da demanda, así como a copia desta, e demais resolucións ditadas no presente procedemento.

Advírtense os destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto de comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidos de avogado ou representados tecnicamente por graduado social colexiado, ou representados por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención á demandante, poida estar esta representada tecnicamente por graduado social colexiado ou por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lles sirva de citación e requirimento a Centro Estudio Oposiciones, S.C. e a Teresa Gómez González, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2013

A secretaria xudicial