Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 13 de setembro de 2013 Páx. 36027

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (303/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre despedimento/cesamentos en xeral 303/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de M. Carmen Blanco Lapido contra a empresa Hotel El Horreo, S.A., sobre despedimento, ditouse a sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza nº 438/2013.

A Coruña, 22 de agosto de 2013

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 5 (reforzo) da Coruña, o estado procesual que presentan as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como despedimetno baixo o número 303/2013, en que é parte demandante María Carmen Blanco Lapido, asistida polo Sr. Pedreira Candal, e partes demandadas, a mercantil Hotel El Hórreo, S.A., que non compareceu aos actos de conciliación xudicial e xuízo a pesar de ser citado en legal tempo e forma, e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), asistido pola letrada Sra. Prosper Montalvo, en nome da súa maxestade o rei dito a presente con base nos seguintes, e...

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada pola traballadora María Carmen Blanco Lapido, asistida polo letrado Sr. Pedreira Candal, contra a mercantil Hotel El Hórreo, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), e declaro a improcedencia do despedimento da traballadora con data de efectos do 30 de decembro de 2012 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días desde a notificación da presente sentenza opte entre:

– Ou ben, readmitir a traballadora no seu posto de traballo coas mesmas condicións laborais que tiña no momento do despedimento e con aboamento da cantidade de 7.340,48 euros, en concepto de salarios de tramitación devindicados desde a data de despedimento ata a data de sentenza, xunto coa cantidade que se devindique no mesmo concepto de salarios de tramitación desde a data de sentenza ata a notificación desta a razón de 31,64 euros/diarios;

– Ou ben, indemnizar a traballadora coa cantidade de 2.599,345 euros en concepto de indemnización por despedimento improcedente.

Notifíquese esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación no presente órgano xudicial para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (A Coruña), dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, logo de depósito das cantidades obxecto de condena e cos requisitos exixidos no artigo 190 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta a miña sentenza, da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 5 da Coruña (en reforzo), pronúncioo, mándoo e asínoo.

María Sánchez Galindo, asinado.

Publicada no día da súa data.

Marta Yanguas del Valle, asinado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hotel El Horreo, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 22 de agosto de 2013

A secretaria xudicial