Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 12 de setembro de 2013 Páx. 35924

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2013 pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para a renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE) nos concellos de Galicia, sobre a base da convocatoria realizada mediante a Resolución do 7 de marzo de 2013 deste mesmo órgano (Diario Oficial de Galicia núm. 53, do 15 de marzo).

Antecedentes.

1. Mediante Resolución do 7 de marzo de 2013 establecéronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria de subvencións de aforro e eficiencia enerxética para proxectos de renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes nos concellos de Galicia (en diante, bases reguladoras), no marco do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 3 de xullo de 2008 e con financiamento en parte procedente de fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 4, medida 43, actuación 2, que se refire ao programa de axudas públicas para o uso racional da enerxía.

2. Transcorrido o prazo para a presentación das solicitudes de axuda, mediante resolucións do 13 e do 23 de maio leváronse a cabo os requirimentos de emenda da documentación daqueles expedientes que así o precisaron.

3. Rematado o período de emenda, a comisión de valoración realizou o baremo de cada un dos expedientes atendendo aos criterios sinalados no artigo 14 das bases reguladoras, e confeccionou unha lista coa puntuación acadada por cada unha das solicitudes presentadas.

Consideracións legais e técnicas.

1. O Departamento de Secretaría e Servizos Xerais do Instituto Enerxético de Galicia será o órgano competente para a instrución do procedemento administrativo de concesión das subvencións, e corresponde ao director deste organismo ditar as diferentes resolucións que deriven del (artigo 11 das bases reguladoras).

2. No artigo 3.2 das bases reguladoras establécese a posibilidade de ampliar o crédito como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria derivada dalgunhas das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e, se fose o caso, logo da modificación orzamentaria que proceda. Isto podería dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde de prelación de solicitudes que resulte da aplicación dos criterios de valoración fixados no artigo 14 destas bases.

Cando se produza decaemento de solicitudes, ampliación de orzamento e exista remanente suficiente, poderá aplicarse o crédito liberado a lista de espera correspondente, sempre que exista remanente suficiente para atender o seguinte beneficiario. Como se deron estas circunstancias, procédese a atender a solicitude do seguinte beneficiario que figura na lista de espera.

3. En canto ás resolucións de concesión serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro. Con carácter xeral, non se enviarán notificacións postais e, de conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da indicada lei, no caso das resolucións de concesión da subvención poderase substituír a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Inega (www.inega.es). Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da axuda outorgada. Coa publicación no DOG poderán remitirse os beneficiarios a que consulten a información detallada da resolución a través do taboleiro electrónico de anuncios habilitado para estes efectos na referida páxina web.

4. Para determinar e cuantificar o investimento elixible sobre o que aplicar a porcentaxe de axuda correspondente, das actuacións proxectadas polos solicitantes, tívose en conta o disposto nos artigos 8 e 9 das bases reguladoras.

De acordo con todo o anterior, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 08.A2.733A.761.0 que figuran no anexo desta resolución.

Segundo. A información detallada dos requisitos e condicións de cada axuda estará á disposición dos respectivos interesados no taboleiro electrónico, ao cal deberán acceder a través da aplicación informática habilitada para estas axudas co usuario e contrasinal do solicitante, desde a páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.es), na epígrafe «Axudas concellos iluminación exterior 2013».

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 18.1 das bases reguladoras se transcorresen dez (10) días hábiles desde a publicación desta resolución no DOG sen que os interesados que figuran no anexo comunicasen expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que aceptan, e desde ese momento adquirirán a condición de beneficiarios.

Cuarto. Aquelas solicitudes que resulten seleccionadas e cuxos importes de axuda sexan aceptados expresa ou tacitamente polos beneficiarios, pasarán a formar parte da lista pública prevista nos artigos 6 e 7.2.d) do Regulamento (CE) núm. 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, que fixa as normas de desenvolvemento do Regulamento 1083/2006 de disposicións xerais relativas aos fondos europeos, e do Regulamento 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOUE L 371, do 27.12.2006).

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación ou notificación, de acordo co previsto nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, pódese interpor recurso administrativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun (1) mes contado do mesmo xeito, tal e como dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Todo iso sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere oportuno.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO
Subvencións concedidas

Código do expediente

Agrupación de concellos

Investimento elixible (€)

Contía subvención (€)

IN417P/13A 124

Antas de Ulla-Taboada e Portomarín

133.238,50 €

113.252,72 €