Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 12 de setembro de 2013 Páx. 35927

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 2 de setembro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se lle notifica a resolución recaída na solicitude de compatibilidade formulada por Patricia Vázquez del Río.

Con data do 12.7.2013 a conselleira de Facenda ditou resolución pola que se autoriza a solicitude de compatibilidade presentada por Patricia Vázquez del Río.

Logo de tentar dúas veces a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificación, esta non se puido practicar, e foron devoltas polo dito servizo por «non retirado» tras os dous intentos en que consta «ausente repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude do presente anuncio, notifícalle a Patricia Vázquez del Río a resolución antes referida.

A interesada pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1, 3º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer a interesada recurso de resposición ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes, ou directamente, recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición en que teña o seu enderezo ou no de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados, en ambos os casos, a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública