Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 10 de setembro de 2013 Páx. 35759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Ames (expediente IN407A 186/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CT, RBT Cruxeiras.

Situación: concello de Ames.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada ao CT Cruxeiras a 20 kV, cunha lonxitude de 1,278 km, coa orixe en cela de liña proxectada no CT Barouta (expediente 27.223), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×150 Al), e final no CT Cruxeiras proxectado.

Centro de transformación prefabricado Cruxeiras, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Reforma do centro de transformación non prefabricado Barouta, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 0,449 km, coa orixe en empalmes coa RBT subterránea proxectada do CT Cruxeiras e coa RBT existente, empalmes coa RBT existente e proxectada, condutor tipo RZ e apoios de formigón.

Rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude de 0,336 km, coa orixe no CT Cruxeiras, condutor tipo XZ1.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 13 de agosto de 2013

Por ausencia (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial