Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 10 de setembro de 2013 Páx. 35761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ribeira (expediente IN407A 141/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS 20 kV, CT 4.000 kVA, e reformado do CT 15CZ58 (expediente 51.555), en lugar de Xarás, Monte Alberte.

Situación: concello de Ribeira.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,365 km, coa orixe en cela libre do CT polígono de Xarás, nº 7 (expediente 51.555), reformado, en condutor RHZ1 2OL-12/20 kV (1×240) Al e final no centro de transformación proxectado.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Reforma do centro de transformación existente, polígono Xarás, nº 7, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V, consistente na instalación de novas celas compactas 2L+1P.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 19 de agosto de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña