Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 9 de setembro de 2013 Páx. 35567

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1252/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1252/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Souto Pan contra a empresa Alcoa Inespal, S.A., Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., Flexiplan, S.A. E.T.T., Randstad Empleo, Empresa de Trabajo Temporal, S.A., Policlínico Médico Sanitario, Sociedad de Prevención de Fremap, Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza de data 29.7.2013 cuxa resolución é do seguinte teor literal:

Resolución:

Estimo parcialmente a demanda interposta por parte de Manuel Souto Pan contra as empresas Alcoa Inespal, S.L., Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A. e Flexiplan, S.A. E.T.T., Randstad Empleo, Empresa de Trabajo Temporal, S.A., Policlínico Médico Sanitario, e contra a entidad Sociedad de Prevención Fremap, na súa pretensión subsidiaria, e, en consecuencia:

1. Declaro improcedente o despedimento de Manuel Souto Pan e condeno a empresa demandada Sociedad de Prevención Fremap a que, no prazo de 5 días desde a notificación da presente sentenza, opte entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían no momento de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación que correspondan a razón de 59,77 euros diarios, e a extinción da relación laboral, con aboamento ao traballador da cantidade de 43.034,40 euros en concepto de indemnización.

2. Absolvo as demais codemandadas dos pedimentos formulados fronte a elas.

– O Fogasa deberá pasar por esta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Para que conste e para inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Policlínico Médico Sanitario, co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado excepto as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos.

A Coruña, 19 de agosto de 2013

A secretaria xudicial