Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 9 de setembro de 2013 Páx. 35565

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (232/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 232/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ricardo Prol Álvarez contra a empresa Manuel Arcos Ferreiro, S.L. e Ignacio López Diéguez, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxo encabezamento e ditame din:

Sentenza.

A Coruña, 31 de xullo de 2013.

Miguel Herrero Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 232/2013, sendo parte nel, dun lado como demandante Ricardo Prol Álvarez, asistido polo letrado José Daniel Pérez López, e como demandados Manuel Arcos Ferreiro, S.L. e Ignacio López Diéguez, que non comparecen, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza

Ditame.

Debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Ricardo Prol Álvarez fronte á empresa Manuel Arcos Ferreiro, S.L., con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia:

1. Declaro a improcedencia do despedimento con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo deste ditame. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada son os seguintes:

– En concepto de indemnización e de optar a empresa por ela: 25.365,90 euros.

– En concepto de salarios de trámite para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de euros 59,97 euros.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Manuel Arcos Ferreiro, S.L. e Ignacio López Diéguez, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A Coruña, 20 de agosto de 2013

A secretaria xudicial