Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 9 de setembro de 2013 Páx. 35553

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 138/2013, do 29 de agosto, polo que se aproba o cambio de titularidade de treitos antigos da estrada AC-564 Cabanas (AP-9)-As Pontes de García Rodríguez (AG-64) a prol do Concello da Capela.

A teor do previsto no artigo 5 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da Comunidade Autónoma e das entidades locais deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada lei de estradas dispón, no artigo 54, que as estradas autonómicas ou provinciais ou os treitos determinados delas en que a circulación adquira características urbanas se entregarán aos respectivos concellos. O expediente promoverase por proposta do concello ou da administración titular da estrada e será resolto polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas, logo de informe de ambos os dous organismos.

O Concello da Capela solicita á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o cambio de titularidade dos tramos antigos da estrada AC-564 Cabanas (AP-9)-As Pontes de García Rodríguez (AG-64).

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade dos treitos illados na estrada AC-564 Cabanas (AP-9)-As Pontes de García Rodríguez (AG-64) a prol do Concello da Capela.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e nove de agosto de dous mil trece,

DISPOÑO:

Artigo 1

Apróbase o cambio de titularidade a prol do Concello da Capela dos treitos antigos na estrada AC-564 Cabanas (AP-9)-As Pontes de García Rodríguez (AG-64):

P.q.: 7+970 ao p.q.: 8+260 ME

P.q.: 11+481 ao p.q.: 11+671 MD

P.q.: 13+200 ao p.q.: 13+369 MD

P.q.: 13+625 ao p.q.: 13+867 ME

P.q.: 14+206 ao p.q.: 14+772 ME

P.q.: 15+541 ao p.q.: 15+719 ME

P.q.: 15+932 ao p.q.: 16+030 ME

P.q.: 16+100 ao p.q.: 16+240 ME

Artigo 2

En aplicación do artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, o Concello da Capela deberá incorporar ao seu plan de estradas as vías a que se refire este decreto.

Artigo 3

A entrega das vías formalizarase no prazo de dous meses seguintes á publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4

Corresponderanlle ao Concello da Capela, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova administración titular da estrada.

Disposición derradeira

O presente decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e nove de agosto de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas