Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 5 de setembro de 2013 Páx. 35413

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no bordo marítimo de Raxó.

En relación coa modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no bordo marítimo de Raxó, o Pleno deste concello, na sesión do día 30 de xullo de 2013, adoptou o acordo número 3846, no cal se acordou o que segue:

Primeiro. Prestar aprobación inicial ao proxecto de modificación puntual do PXOM no bordo marítimo de Raxó, redactado por AD Plan Arquitectura, Diseño e Planeamento, S.L.P. en execución da Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 26 de decembro de 2007, recaída no procedemento ordinario 00/0005026/2000 da Sala do Contencioso-Administrativo.

Segundo. Someter o expediente a información pública durante o prazo de dous meses mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia, dándolles audiencia aos concellos limítrofes do documento aprobado inicialmente. Unha vez rematada a información pública e antes da aprobación provisional, deberase solicitar novo informe tanto ao Ministerio de Medio Ambiente, Dirección Xeral de Costas, como á Secretaría Xeral de Costa (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas).

Terceiro. Facultar o alcalde para os trámites sucesivos do expediente.

Polo que se somete a aprobación inicial desta modificación puntual a información pública durante o prazo de dous meses, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Poderá examinarse o expediente na Oficina de Urbanismo do concello e presentarse as alegacións ou reclamacións que se consideren oportunas durante o dito prazo, de conformidade co disposto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (última modificación: Lei 2/2010, do 25 de marzo).

Poio, 14 de agosto de 2013

Luciano Sobral Fernández
Alcalde