Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 5 de setembro de 2013 Páx. 35412

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pastoriza

ANUNCIO de información pública para construción de silos trincheira.

José Ángel Vidal Andión, Vidal Rey, S.C., solicitou desta alcaldía licenza municipal para construción de silos trincheira que se situará en Fontela (San Cosme Piñeiro). Cumprindo o disposto no parágrafo 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación do presente edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

A Pastoriza, 28 de agosto de 2013

Primitivo Iglesias Sierra
Alcalde