Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 5 de setembro de 2013 Páx. 35411

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de planta soto e adición de planta a unha nave destinada a almacén de recambios de maquinaria de xardinaría e oficinas no parque empresarial de Sigüeiro.

Millasur, S.L., con CIF B-15749922, solicitou neste concello unha licenza para a ampliación de planta soto e adición de planta a unha nave destinada a almacén de recambios de maquinaria de xardinaría e oficinas, nas parcelas 47-48 do parque empresarial de Sigüeiro, admítese a trámite conforme o artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

En cumprimento do artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir un período de información pública polo prazo de vinte días desde a inserción deste anuncio no DOG e no BOP, para que, quen se vexa afectado dalgún xeito pola dita actividade, presente as observacións que considere pertinentes.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio comunícaselles aos interesados, aos cales non se lles poida notificar persoalmente, que están notificados para todos os efectos, significándolles que teñen un prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da notificación, para alegaren o que consideren oportuno.

O expediente obxecto desta información atópase depositado nas dependencias deste concello (UR-064/2012), onde se poderá consultar durante o horario de oficina.

Oroso, 12 de agosto de 2013

Eduardo Veiras Rey
Alcalde presidente en funcións