Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 5 de setembro de 2013 Páx. 35410

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de información pública sobre instalación dun tanque de gas licuado do petróleo en Liáns (expediente 874/13-aperturas).

Estación de Servicio O Seixo, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación de tanque de gas licuado do petróleo na avenida das Mariñas, 271, Liáns. En cumprimento do disposto polo artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente edicto, co fin de que durante este poidan examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou as observacións que xulguen oportunas.

Oleiros, 7 de agosto de 2013

Mª José Varela Neira
Primeira tenente de alcalde