Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 5 de setembro de 2013 Páx. 35409

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública sobre actividade de gardaría e lavado de vehículos en Monte Faquiña (Tameiga).

Sométese a información pública o expediente 2012/526, tramitado por instancia de Broker Mundial de Turismo, S.L., para a concesión dunha licenza de actividade para gardaría e lavado de vehículos en Monte Faquiña, 120, na parroquia de Tameiga deste municipio. De conformidade co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, durante o prazo de vinte días, que se contarán a partir do seguinte ao da última publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, o expediente estará á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións e observacións que consideren por convenientes.

Mos, 2 de agosto de 2013

Julia Loureiro Campo
Concelleira delegada de Urbanismo