Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 5 de setembro de 2013 Páx. 35408

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de dotacións para centro xeriátrico en Agro Rigueira (Santiago de Afora).

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 27 de xuño de 2013, acordou aprobar definitivamente o Plan especial de dotacións para centro xeriátrico en Agro Rigueira (Santiago de Afora), promovido por Berta López Ferreiro.

O acordo de aprobación definitiva do dito plan especial foille comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia con data do 13 de agosto de 2013, en cumprimento do establecido no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor no prazo de dous meses recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 13 de agosto de 2013

P.D. (Decreto 13004761) P.S.
Luis Manuel Álvarez Martínez Carmen Flores Pardo
Tenente alcalde delegado Xefa do Servizo de Medio Ambiente
da Área de Urbanismo