Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 5 de setembro de 2013 Páx. 35407

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre instalación dun centro xestor de vehículos á fin da súa vida útil (expediente 291/13).

Desguaces Herbón, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación dun centro xestor de vehículos á fin da súa vida útil, na rúa da Industria, parcela 33.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto–, poidan examinar o expediente, no Servizo de Licenzas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

Lugo, 28 de xuño de 2013

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo