Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 5 de setembro de 2013 Páx. 35406

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública sobre legalización e ampliación dunha explotación de vacún de leite en Calvelo de Arriba (Sofán).

Ao abeiro do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días a seguinte actividade:

Expediente: 72/2013.

Actividade: legalización e ampliación dunha explotación de vacún de leite.

Situación: Calvelo de Arriba, Sofán, Carballo.

Solicitante: María del Pilar Rama Campos y Otro, S.C., representada por María Pilar Rama Campos.

A información pública será mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e exposición pública no taboleiro de anuncios do concello.

A apertura do trámite de información pública notificaráselles persoalmente aos veciños e titulares de dereitos inmediatos ao lugar da instalación proposta, para os efectos de que poidan alegar o que consideren oportuno.

Carballo, 31 de xullo de 2013

P.D. (Decreto 1687/2013)
Milagros Lantes Seara
Tenente de alcalde